miércoles, 31 de julio de 2013


Ante a votación de hoxe mércores dia 31, a sección sindical de CCOO de La Voz de Galicia quere facer explícita a súa posición antes todos os traballadores e traballadoras de empresa e chamalos a apoiar co seu voto o preacordo.

É certo que o preacordo supón unha redución, outra máis, do noso salario. Pero tamén o é que o contido do preacordo é moito menos negativo que o que se nos viña enriba. E máis aínda, solo a loita  decidida e exemplar do cadro de persoal, durante  semanas permitiu dar a volta a unha poposta inicial absolutamente inasumibel.            
Hoxe, as condicións de preacordo reducen de forma considerable o recorte salarial pero sobre todo é un instrumento fundamental para o obxectivo básico: o mantenemento do emprego, a defensa dos postos de traballo, evitar máis despedimentos.

1. A redución salarial:

Estamos ante unha redución salarial do 6,25 % de media para o 2013 e de 12,5 % para o 2014,  equivalentes  a unha paga extra en 2013 e a dúas en 2014. É unha redución forte dos nosos salarios, dende logo, que se une ás anteriores. Pero para valorala hai que ter en conta o seguinte:

  • A ameaza previa dunha redución do 66 % en complementos e do 16% nos slarios durante o 2013.
  • A solicitude da empresa á comisión consultora de convenios para implicar o convenio cunha redución dunha porcentaxe que se descoñece.
  • O carácter temporal, ata 2014, da redución pactada fronte ao carácter definitivo en táboas que terían a resolución da Comisión.
  • O  establecemento dun mecanismo de recuperación  da rebaixa salarial se a empresa mellora a súa conta de resultados.
  • O seu escalado, cun 0 % para os que cobran menos de 17.500 € ao ano e un 8,5 % para os de máis de 60.001 €.
  • A extensión do axuste ao resto de gastos da empresa, de tal forma que a redución dos salarios no cadro de persoal, obriga a unha diminución de 2 millóns de euros nos gastos de  explotación, a unha redución do 9 % en  colaboradores externos , ao 16,6 % nas retribucións  de Conselleiros e administradores  e un 12,5 % en cada exercicio da Alta dirección e a Comisión Permanente.
  • Polo tanto, o noso sacrificio obriga  tamén ao resto das partes, non é so un axuste sobre o cadro de persoal.
  • Pero sobre todo, porque esta redución salarial é o prezo que pagamos entre todos para evitar os despedimentos de compañeiros. Renunciamos de forma temporal, condicionada a outros axustes e con posibilidade de recuperación, a unha parte do noso salario para manter o emprego. Isto é, solidariedade de clase.
2. O mantemento do emprego

Que ninguén se engane. O obxectivo sindical deste preacordo é defender o emprego nunha situación de enorme dificultade. A situación de crise no sector e 
unha reforma laboral que deu o poder ás empresas pon as condicións para que a empresa poida despedir con 20 días de indemnización co tope dunha anualidade sen ningunha dificultade xurídica.

Por iso o comité buscou un acordo previo, a cláusula adicional primeira do anterior convenio colectivo. Para frear a aplicación da reforma laboral na nosa empresa. E iso é o que se volve a facer neste preacordo:
  • Establécese unha garantía incondicional de mantemento do emprego ata o 1 de setembro de 2014, de forma que garantimos un ano sen ningún despedimento.
  • Limítase a capacidade da empresa de utilizar a reforma laboral para despedir por razóns obxectivas, porque se compromete a manter o emprego mentres que as vendas non se reduzan en 3,8 millóns de euros en setembro de 2014 en comparación con setembro de 2013.

Hai que recordar que a reforma laboral permite a unha empresa despedir cando baixan as súas vendas en tres trimestres consecutivos comparados co ano anterior, aínda que sexa 1 euro.

E iso supón, que TODAS as empresas do sector están na posibilidade legal de despedir a TODOS os traballadores e traballadoras que estimen oportunos, porque a caída de ingresos é xeneralizada a todos os periódicos.

En síntese, o preacordo é aceptar unha redución salarial para evitar males moito maiores, tanto nos salarios como sobre todo en despedimentos.

Por todo iso, CCOO chama a votar si no referendum, porque para nos este preacordo é a mellor saída á difícil situación á que estamos.